CURRICULUMS CREATIVOS
Aínda que o currículum tradicional segue xogando un papel
primordial nos procesos de selección, cada día cobran máis forza os novos
formatos que buscan marcar a diferencia dentro dun mundo laboral cada vez máis
difícil e masificado.
Estes novos tipos de CV válense das novas tecnoloxías
para lograr a máxima difusión.
·
CURRICULUM
GRÁFICO
o
Cunha
estructura moi parecida ao currículum clásico pero cambiando o xeito de
presentar a información. Necesíntanse coñecementos en programas de deseño e
creatividade. As ferramentas máis indicadas para facer un currículo deste tipo
son: Photoshop, Indesing ou Illustrator.
·
CURRICULUM
INFOGRÁFICO
o
Trátase
dunha representación gráfica dun concepto, ben en forma de gráfico ou de
debuxo. As ferramentas máis axeitadas son: cvgram.me, visualize.me, re.vu,
kinzaa e resumUP.com.
·
CURRICULUM
SOCIAL
o
imprescindible
para adaptarnos aos novos tempos 2.0. Este tipo de currículum compártese nas
redes sociais polo que resulta moi importante controlar a imaxe, a nosa marca
persoal. Ferramentas para facelo: Pinterest, Twicver, Mightworld.
·
VIDEOCURRICULUM
o
Novo
método para atopar emprego, opción ideal para amosar ao entrevistador quen está
detrás do currículum clásico e poder poñer cara á persoa e ver como interactúa.
O máis importante é a imaxe persoal e a presentación do espazo.
·
CURRICULUM
WEB
o
Consiste
en buscar un portal que ofreza a posibilidade de xerar un currículum e
posteriormente difundilo polo que ademais de obter un currículum cun bo deseño,
contas tamén cunha URL personalizada que podes compartir nas redes sociais. O
máis importante é saber dinamizalo en Internet e telo actualizado. Ferramentas
para facelo: Easy-CV, Do you buzz, Cuvitt, Resumonk e Visualcv.

No hay comentarios:
Publicar un comentario