lunes, 6 de octubre de 2014

Marca a diferencia



CURRICULUMS CREATIVOS


Aínda que o currículum tradicional segue xogando un papel primordial nos procesos de selección, cada día cobran máis forza os novos formatos que buscan marcar a diferencia dentro dun mundo laboral cada vez máis difícil e masificado.
Estes novos tipos de CV válense das novas tecnoloxías para lograr a máxima difusión.
·         

CURRICULUM GRÁFICO
o       Cunha estructura moi parecida ao currículum clásico pero cambiando o xeito de presentar a información. Necesíntanse coñecementos en programas de deseño e creatividade. As ferramentas máis indicadas para facer un currículo deste tipo son: Photoshop, Indesing ou Illustrator.
·        CURRICULUM INFOGRÁFICO
o       Trátase dunha representación gráfica dun concepto, ben en forma de gráfico ou de debuxo. As ferramentas máis axeitadas son: cvgram.me, visualize.me, re.vu, kinzaa e resumUP.com.
·        CURRICULUM SOCIAL
o       imprescindible para adaptarnos aos novos tempos 2.0. Este tipo de currículum compártese nas redes sociais polo que resulta moi importante controlar a imaxe, a nosa marca persoal. Ferramentas para facelo: Pinterest, Twicver, Mightworld.
·        VIDEOCURRICULUM
o       Novo método para atopar emprego, opción ideal para amosar ao entrevistador quen está detrás do currículum clásico e poder poñer cara á persoa e ver como interactúa. O máis importante é a imaxe persoal e a presentación do espazo.
·        CURRICULUM WEB
o       Consiste en buscar un portal que ofreza a posibilidade de xerar un currículum e posteriormente difundilo polo que ademais de obter un currículum cun bo deseño, contas tamén cunha URL personalizada que podes compartir nas redes sociais. O máis importante é saber dinamizalo en Internet e telo actualizado. Ferramentas para facelo: Easy-CV, Do you buzz, Cuvitt, Resumonk e Visualcv.

Benvida

Con este blog pretendo contribuir a motivar e acompañar a todas aquelas persoas que están inmersas na laboriosa tarefa de buscar emprego para que non desistan e non se sintan soas e desorientadas nese camiño que están a percorrer.
Espero que este espazo de orientación se convirta nun lugar de refuxio, donde tomar alento e impulso para continuar adiante.
Buscar traballo xa é un traballo en sí e se precisa unha importante dose de motivación para facelo activamente.
Ánimo!

Para empezar....